Artigos
As mellores aperturas para principiantes

As mellores aperturas para principiantes

CHESScom
| 590 | Para principiantes

As primeiras poucas xogadas dunha partida poden ser algunhas das máis importantes. Nestas xogadas, establecerás os teus primeiros plans e loitarás polo teu espazo no taboleiro. Os principiantes non necesitan memorizar movementos de apertura exactos, senón quedarse con principios fundamentais da apertura como controlar o centro e desenvolver as pezas. Porén, é bo coñecer algunhas aperturas que son moi habituais e axudan a iniciar bos plans. Pero non deixes todo o peso na memorización ou pronto te sentirás perdido.

Algunhas das mellores aperturas de xadrez para principiantes son:

1. A italiana
A Italiana comeza con 1.e4 e5 2.Cf3 Cc6 3.Bc4. A chave é controlar o centro rápido co teu peón e o cabalo, e despois colocar o bispo na súa casa máis perigosa. Ademais prepáraste para enrocar e protexer o rei.

2. A defensa siciliana
A defensa siciliana é a elección máis popular dos xogadores agresivos coas negras. A miúdo as brancas van xogar 2.Cf3 e 3.d4 gañando espazo no centro, pero permitindo ás negras o beneficio de cambiar un peón de bispo por un peón central.

3. A defensa francesa
A defensa francesa é unha das primeiras aperturas de estratexia que todo xogador de xadrez debe aprender. Despois de e5 (agora ou máis tarde), os dous bandos terán cadeas de peóns. Un perigo da defensa francesa e que o bispo de c8 pode ter dificultades para se desenvolver.

4. A española ou Ruy López
A española é unha das máis antigas e clásicas de todas as aperturas. Dalle nome un bispo español que escribiu un dos primeiros libros de xadrez. A española ataca o cabalo que defende o peón de e5. As brancas esperan usar este ataque para crear máis presión no centro das negras.

5. A defensa eslava
A defensa eslava é unha apertura moi sólida que defende o peón de d5. As pezas negras poden desenvolverse todas a casas naturais, pero as negras normalmente terán algo menos de espazo.

Pero a mellor apertura de todas e controlar o centro coas pezas activas e xogar a apertura coidadosamente! E ti xa sabes como facelo.

Máis acerca de CHESScom
Cantos xogadores de xadrez hai en todo o mundo?

Cantos xogadores de xadrez hai en todo o mundo?

O mellor sitio para xogar ao xadrez en liña

O mellor sitio para xogar ao xadrez en liña