Artigos
Notación no xadrez - A linguaxe do xadrez!

Notación no xadrez - A linguaxe do xadrez!

erik
| 394 | Para principiantes

A notación no xadrez é unha maneira conveniente de facer o seguimento das partidas, deste xeito podes revisalas para estudar as tácticas, entender os erros ou impresionar aos teus amigos. Proba a anotar a túa próxima partida, verás que nada é tan gratificante coma un signo de exclamación ben posto despois da xogada que che fai gañar a partida.

Notación alxébrica

O sistema máis simple e máis común de notación no xadrez é coñecido como Notación Alxébrica. Este sistema etiqueta o taboleiro de xadrez con letras e números.

Neste diagrama, o rei branco está na casa c3 e o rei negro na casa h5.

Fila (ou ringleira) 1 é o cabo do taboleiro onde as brancas comezan a partida; as negras comezan na fila 8. As columnas noméanse con letras da esquerda á dereita das brancas.

Amais, as letras maiúsculas resérvanse para as pezas deste xeito:
R: Rei
D: Dama
T: Torre
B: Bispo
C: Cabalo
P: Peón (malia que, por convención, a P adoita omitirse na notación)

How to Write a Chess Move

Como anotar unha xogada

Para anotar unha xogada, escribe o nome da peza e a casa á que se move. Se unha peza é capturada, incluímos o símbolo "x" que indica "captura" antes da casa de destino.

Por exemplo, nesta partida, a primeira xogada das brancas é Cc3: o cabalo á casa c3. As negras responden con f5 (lembra, o P omítese). As brancas xogan e4 e as negras capturan o peón, fxe4, f captura e4. A fila f substitúe o nome do peón xa que o P é omitido. As brancas recapturan, Cxe4. O resto da partida escríbese así:

... Cf6

Cxf6+ gxf6

Dh5#

+ é o signo para xaque, e # (ou ++) é o signo para xaque mate.

Símbolos especiais

x: captura
0-0: enroque curto
0-0-0: enroque longo
+: xaque
#: xaque mate
!: boa xogada
?: mala xogada

máis !s ou ?s poden engadirse para dar énfase.

Evitar a ambigüidade

Td1 non é suficiente para definir esta xogada. Cal das torres?

En situacións onde a notación normal é ambigua, engade unha letra máis (ou número) para especificar a orixe da peza que se move. Aquí, Tad1, a torre da fila a á casa d1, soluciona o problema. Cando un peón fai unha captura, sempre se inclúe a fila de orixe, coma en fxe4 e gxf6 enriba.

Other Chess Notation

Outras notacións

A maioría dos xogadores hoxe en día utilizan a Notación Alxébrica, pero hai unhas poucas variantes:

A Notación Alxébrica Longa indica tanto a casa de orixe coma a de destino en cada xogada.

A Notación Descritiva, un sistema antigo, nomea as columnas do taboleiro de xadrez por pezas. Por exemplo, á columna c chámaselle BD, ou columna de bispo de dama. As filas escríbense dende a perspectiva de cada xogador. A branca BD3 para as negras é BD6.

Descarga unha planilla de notación de xadrez gratis

Podes descargar unha planilla para a notación de xadrez gratis aquí, ou mercar un libro de notación coma este para anotar, pero tamén se poden anotar as partidas nun papel normal.

Printable Chess Scoresheet

erik
Erik

[Please Note: Don't send me Tech Support, Abuse Reports, or other "Site" issues. Please contact Chess.com Support for those things. But I do love thank you notes and personal messages! Thank you!]

Yes, I am the guy who started Chess.com (along with Jay, Igor, Piotr, and many others). I have 3 amazing daughters, one wild son, and a wonderful, patient wife! I learned chess when I was 8 years old. Since then I have been playing, studying, and enjoying it regularly. I prefer semi-open and closed positions that blow up tactically (like the Closed Sicilian, King's Indian, Glek etc). 

Want to know more about how Chess.com got started? Read about it here!